|
Xa está aberto o prazo para a tramitación de licenzas!
Este ano hai unha aseguradora máis. Temos 3 compañías diferentes: Mutualidad General Deportiva, ASEFA e ZURICH, cada unha con diferentes modalidades o que implica diferentes coverturas.
Informámosvos que no caso de accidente/lesión este ano será necesario SEMPRE solicitar o parte correspondente á Federación Galega de Montañismo, para tódalas aseguradoras, incluida ASEFA (que antes non facía falla).
Recomendamos pois que miredes esta información que adxuntamos para que decidades cal é o seguro que máis vos convén, os precios varían moito incluso coas mesmas coverturas. Convén que lle adiquedes un ratiño para ver a que máis se axusta as vosas necesidades (as modalidades máis comúns para adultos son "Modalidade A" da MGD e "modalidade C" de Asefa e de Zurich).
Información de coberturas e modalidades
Modalidades e prezos
Recordade que precisamos os seguintes datos persoais: DNI, nome e apelidos, data de nacemento, enderezo con código postal, num de teléfono e dirección de email. Podedes facelo cubrindo esta ficha e adxuntándoa no email a Diego
Folla de inscripción
Como novidade este ano, tamén poderedes recoller as licenzas en Decathlon Oleiros e teredes un "agasallo" :) Se así o queredes indicadeo tamén no mail que queredes recollela alí.
Debedes facer o ingreso do importe do prezo da licenza na conta do clube: NovaGalicia 2080-5560-84-3040001663.
Para os que pagades a cuota de socio, son 20€ a maiores (non se cobran gastos de tramitación) e, coma sempre, para os que non queredes ser socios, tedes que ingresar 4€ a maiores, por gastos de tramitación.
Para calqueira aclaración poñédevos en contacto por email e vos axudaremos no que poidamos.
Un saúdo a tod@s
|